O Ceip Plurilingüe Serra
de Outes animouse a participar neste programa Xogade nas modalidades
de Campo a través e Atletismo en pista durante este curso escolar.
Este programa consiste
nuns xogos galegos deportivos (de aí o seu nome, xogade) que
recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar,
promovida e promocionada pola Xunta de Galicia. Participan todos os
clubes, centros de ensino, asociacións, ANPAS, etc.
O centro animouse nas
categorías benxamín (nados no 2004/05) e alevín (2003/02), pois
soamente houbo demanda nestas idades.
Formamos equipos en campo
a través nas categoría benxamín masculino e feminino, acudindo
periódicamente á fase zonal, comarcal e intercomarcal. Finalmente
clasificouse un atleta para a fase provincial, obtendo un excelente
cuarto posto na categoría benxamín masculino, pois estar entre os
catro mellores atletas de Coruña é un grande logro.
Dicir tamén que
independentemente dos resultados, a actividade espertou interese nos
participantes, e mandarlle as nosas felicitacións polo seu
entusiasmo a todos os atletas do Ceip Plurilingüe Serra de Outes que
formaron parte desta experiencia.
Como novas a destacar,
incluímos a implicación do centro na actividade comprando material
deportivo (mallas e camisetas) para todos os integrantes destas
actividades.
Agardamos que isto poida
continuar e cada vez se fomente máis o deporte nestas idades
escolares!!!
A continuación
presentamos un vídeo da fase provincial á que acudimos.