lunes, 25 de febrero de 2013

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XOGADE 2012/2013


  O Ceip Plurilingüe Serra de Outes animouse a participar neste programa Xogade nas modalidades de Campo a través e Atletismo en pista durante este curso escolar.
  Este programa consiste nuns xogos galegos deportivos (de aí o seu nome, xogade) que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar, promovida e promocionada pola Xunta de Galicia. Participan todos os clubes, centros de ensino, asociacións, ANPAS, etc.
  O centro animouse nas categorías benxamín (nados no 2004/05) e alevín (2003/02), pois soamente houbo demanda nestas idades.
  Formamos equipos en campo a través nas categoría benxamín masculino e feminino, acudindo periódicamente á fase zonal, comarcal e intercomarcal. Finalmente clasificouse un atleta para a fase provincial, obtendo un excelente cuarto posto na categoría benxamín masculino, pois estar entre os catro mellores atletas de Coruña é un grande logro.
  Dicir tamén que independentemente dos resultados, a actividade espertou interese nos participantes, e mandarlle as nosas felicitacións polo seu entusiasmo a todos os atletas do Ceip Plurilingüe Serra de Outes que formaron parte desta experiencia.
  Como novas a destacar, incluímos a implicación do centro na actividade comprando material deportivo (mallas e camisetas) para todos os integrantes destas actividades.
Agardamos que isto poida continuar e cada vez se fomente máis o deporte nestas idades escolares!!!
  A continuación presentamos un vídeo da fase provincial á que acudimos.

miércoles, 20 de febrero de 2013

GALERÍA DA PAZ

  O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz elaborando ó efecto unha Galería da Paz onde expuxemos uns cadros realizados pol@s alumnos de cada curso.
  Neste vídeo podedes ver as obras dos nosos artistas!!!