sábado, 4 de junio de 2011

LOIS PEREIRO

Este ano 2011 adicouse o día das Letras Galegas a Lois Pereiro. O día 16 de maio acudíu ao colexio Serafín Marcos co fin de escenificar a vida e obra de Lois, baixo o título "Cuspídeme enriba".


Vida e Obra.

Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista la Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela inconclusa Náufragos do Paraíso.
En 1983 e 1987 viaxou canda a Fernando Saco por Europa.


Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte a mans da Sida, saíu á luz Poemas para unha Loia.


"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". ( Lois Pereiro).