miércoles, 22 de junio de 2011

Videoconferencia con New York






"O mércores día 15 ás 14:30 tivemos unha experiencia impresionante!! O que pasou foi que a nosa profesora organizou unha videoconferencia con rapaces de primeiro ciclo das Nacións Unidas de New York, USA. Fixémonos preguntas sobre os nosos gustos. Gustounos moito e esperamos volver a vernos"

Os alumnos de 5ºA.

EXCURSIÓN A MARCELLE

No mes de maio os alumnos do segundo ciclo de primaria foron visitar a Marcelle Natureza situado en Outeiro de Rei, que pertence á provincia de Lugo.
Aquí podemos ver algunhas imaxes máis significativas deste momento.





sábado, 4 de junio de 2011

LOIS PEREIRO

Este ano 2011 adicouse o día das Letras Galegas a Lois Pereiro. O día 16 de maio acudíu ao colexio Serafín Marcos co fin de escenificar a vida e obra de Lois, baixo o título "Cuspídeme enriba".


Vida e Obra.

Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista la Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela inconclusa Náufragos do Paraíso.
En 1983 e 1987 viaxou canda a Fernando Saco por Europa.


Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte a mans da Sida, saíu á luz Poemas para unha Loia.


"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". ( Lois Pereiro).

O SISTEMA SOLAR







Os alumnos de 5º de Educación Primaria crearon nas horas adicadas a plástica o Sistema Solar , crearon o Sol que dá nome a este sistema e os planetas que xiran ao redor del. Por outra banda aproveitouse para abordar temas como:


  • Obxectos principais do Sistema Solar ( Estrela Central e os Planetas)


  • Características principais dos planetas do Sistema Solar.


  • Análise e composición dos planetas do Sistema Solar.


  • Formación e evolución do Sistema Solar.

Unha vez elaborados os materiais e abordados os contidos os alumnos simularon o funcionamento do Sistema Solar sendo os espectadores os alumnos de Educación Infantil.

lunes, 28 de marzo de 2011

TALLER DE ELABORACIÓN DE CARETAS



Os alumnos de 6º elaboraron cada un a súa careta empregando papel de periódico encolado e para darlle consistencia ao papel empregouse unha capa de escaiola, o último paso foi decoralas.

O resultado foi sorprendente!!!


O ENTROIDO NO COLEXIO



A temática elexida para este curso foron os Oficios. Paseáronse polas rúas cociñeiros, footbolistas, pintores...

Nas aulas o entroido tamén quedou plasmado do seguinte xeito, velaquí unha mostra.


miércoles, 16 de marzo de 2011

ACTUACIÓN MUSICAL








O día 25 de febreiro os nenos de Educación Infantil e de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria asitiron a unha actuación musical protagonizada por Susa Herrera.