viernes, 7 de junio de 2013

A EXPERIENCIA DE XOGADE

O programa Xogade pretende que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.
A través do programa Xogade participamos nas actividades demandadas polo alumnado, para darlle oportunidade así, de practicar deportes que non están ofertados por outras entidades do seu entorno. Tendo como referencia a amplia oferta deportiva do Concello de Outes decidimos desde o centro ampliar a variedade e introducimos o campo a través e atletismo como actividades do colexio, intentando recuperar aquel espírito de antano onde se competía con outros centros da zona e se facían xornadas lúdicas para todo o alumnado.
Desde o centro incidimos principalmente en conseguir tres obxectivos que puxemos como base do proxecto presentado:
·       Fomentar o deporte entre as nenas e nenos do colexio .
·        Formalos en hábitos de cooperación, esforzo e superación.
·  Concienciar ao alumnado da importancia do exercicio físico para unha vida saúdable.
Responsabilizaronse da participación no programa dous mestres do colexio, Ismael Priegue Mayo, participando como mestre por Educación Infantil, e María José Villaverde Crespo, participando como mestra de Educación Musical.
No tocante á participación do alumnado ( que podedes consultar nos documentos adxuntos), inscribíronse no programa un total de 27 alumn@s, distribuídos do seguinte xeito:
Ensinanza
Ciclo
Curso
Nº total alumnos/as
Nº aulas
Educación Primaria
Primeiro Ciclo
2º Curso E. P.
13
1
Educación Primaria
Segundo Ciclo
3º Curso E. P
11
2
Educación Primaria
Segundo ciclo
4º Curso E. P.
3
1


AVALIACIÓN DO PROGRAMA

Unha vez finalizada consideramos que a resposta do alumnado foi moi satisfactoria e mostra delo son as porcentaxes de anotación e participación. Dado os resultados deportivos obtidos, o grupo estaba contento e feliz posto que o esforzo e sacrificio viuse recompensado coa clasificación para próximas fases. 
A participación en Xogade serviulles ao alumnado como actividade social e de relación ca cidadanía, visita a lugares descoñecidas para eles/as aproveitando esta actividade como un descubrimento do entorno máis próximo coas súas posibilidade de ocio. En resume podemos dicir que deste esta actividade de exercicio física se puido traballar nas capacidades e competencias básicas a adquirir cando rematen a etapa de Primaria.

A valoración conxunta polo profesorado implicado e a participación das nenas e nenos para sacar conclusións foi moi positiva i enriquecedora, pois desde todos os ámbitos foi unha experiencia gustosa, da que desfrutaron inmensamente. 
Grazas a tod@s os que fixechedes posible esta experiencia e noraboa @s nos@s atletas!















Para consultar o desenvolvemento das actividades, pinchen sobre os seguintes enlaces: